+60 online: Navega de forma segura e goza do que che interesa en Internet

Se xa usas Internet e queres mellorar as túas procuras de información, este curso é para ti.
Aprenderás a facer unha navegación segura, xestións en liña ou a buscares información do teu interese.
CONTIDOS:
1. Google Meet e Google Classroom.
2. Navegando con Google Chrome, funcións e utilización.
3. Navegación segura na Internet: contrasinais, cookies, antivirus, páxinas fraudulentas...
4. Xestión das túas contas: sincronización de dispositivos, contactos, calendar...
5. Xestións en liña: citas médicas, ITV, procura de servizos...
6. Transferencia e xestión de arquivos multimedia desde diferentes dispositivos (smartphone, tablet, cámara dixital...)
7. Google Maps, roteiros e elaboración de mapas, navegador GPS sen conexión.
8. Youtube e Google, o teu grande aliado para accederes á información do teu interese.
O curso será impartido por Francisco Fernández Bouza, técnico de vídeo e son e técnico de sistemas informáticos con experiencia como docente de informática para todos os niveis, ademais de formador en temas como a produción musical, a programación de equipos, adestramento auditivo ou gravación. Docente da actividade de cultura dixital no Espazo+60 de Afundación en Ferrol.
ACTIVIDADE GRATUÍTA
DURACIÓN: 8 horas
PRAZAS ESGOTADAS. APÚNTATE NA LISTA DE AGARDA FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en +60 Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!