+60 en liña: Mindfulness e meditación, unha rutina para curarnos

Neste curso coñecerás as vantaxes do mindfulness e a meditación como unha práctica que poderás incluír na túa rutina cotiá para aproveitar todos os seus beneficios. Traballaremos a atención plena e a atención ao momento presente.
Está cientificamente comprobado que, ao incluír esta práctica na nosa rutina, se acadan moitos beneficios para a nosa saúde física e emocional, desenvólvese a resiliencia, rebáixanse os niveis de ansiedade e estrés, mellora o noso autocontrol, auméntanse os niveis de concentración e memoria, e axuda coa rumiación e pensamentos intrusivos. Canto máis practiques, mellor vas xestionar os teus pensamentos e emocións.
Este curso está estruturado da seguinte maneira:
Una sesión semanal na que haberá unha pequena introdución e logo practicaremos diferentes exercicios de mindfulness e tamén utilizaremos a meditación e a visualización desde un foco curador.
Despois das primeiras semanas practicando semanalmente o mindfulness e a meditación lograrás verte desde outra perspectiva, de maneira que serás máis consciente do que sentes e pensas, e isto darache maior capacidade para aliñar os teus pensamentos e sentimentos con calquera propósito que teñas.
Material necesario para este curso:
Dispoñer dun sitio tranquilo.
O curso será impartido por Carmen G., experta en coaching, xestión emocional e mindfulness con máis de 30 anos de experiencia. Traballou en varias consultorías e fundacións a nivel nacional na formación a persoas, colectivos e empresas con temas de crecemento persoal e profesional. Vive da súa vocación e sempre está na procura de formas doadas e amenas para transmitir as súas mensaxes. Está encantada de poder axudarte a encontrarte mellor física e emocionalmente dunha maneira simple e con sentido.
PREZO: 17€/mes
DURACIÓN: 12 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.