+60 online: Mindfulness, atención plena e relaxación. En AfundaciónTV

Se tes interese en coñecer a mente, mellorar os automatismos interiorizados e adquirir un maior autocoñecemento, este curso é para ti.
Adestrarás as técnicas de atención e concentración que che permitirán vivir con máis plenitude o momento presente, ademais de afondar no coñecemento da mente e dos mecanismos que nos levan á tensión.
PROGRAMA:
1. Apreciar a respiración e a postura. Coñecerás como mellora o teu benestar cando atendemos á forma de respirar, e á conciencia do propio corpo (9 de febreiro).
2. Atención plena. Parar para recoñecer os pensamentos. Fomentaremos a observación, a paciencia e a flexibilidade ante o noso diálogo interno e mente discursiva (16 de febreiro).
3. Vivir o momento presente. Concentración. Aprenderemos a non xulgar o que sucede, revisando cal é o noso enfoque (23 de febreiro).
4. Técnicas de focalización e relaxación. Dirixiremos a mirada interna e visualización para recoñecer os estados de serenidade naturais (2 de marzo).
5. Coñecemento das emocións básicas. Aprenderemos a sentir e permitir os estados de ánimo, así como as sensacións que aparecen (9 de marzo).
6. Tendencias á preocupación, ansiedade, e depresión... Aprenderemos a respectar o que se sente, desde unha aceptación e desapego (16 de marzo).
7. Intelixencia emocional. Razón, pensamento, emoción e sentimento. “Ninguén nace sabendo”, expresarnos de maneira sa e clara trae plenitude (23 de marzo).
8. Redución de automatismos e impulsividade. Empatía. Afrontaremos as dificultades, tensións e contratempos para un bo adestramento progresivo da atención plena (30 de marzo).
O curso será impartido por Purificación Villar Lagos, licenciada en Administación de Empresas, especialista en Mindfulness para o liderado persoal e a atención plena, en relaxación e redución da tensión e o cambio, en hábitos de meditación Vipassana, así como en consciencia corporal, relaxación e estados emocionais. É docente do taller de mindfulness nos Espazos+60 Afundación de Pontevedra e Vigo.
ACTIVIDADE GRATUÍTA en Afundación TV