+60 online: Mellora o teu inglés intermedio

Se xa participaches durante o primeiro semestre no curso de inglés básico dentro do ciclo de +60 ONLINE ou xa tes coñecementos de inglés que queres mellorar, este curso é para ti.
CONTIDOS:
SOME SPEAKING AND LISTENING EVERY CLASS.
Sesión 1 e 2: Use of infinitives and Gerunds.
Sesión 3 e 4: Adverbs:Formation and Comparison.
Sesión 4 e 5: Reflexive pronouns.
Sesión 6 e 7: Present and Past tense. Vocabulary.
Sesión 8 e 9: Modal Verbs.
Sesión 10: The Passive Voice.
O curso será impartido por Natalia Vázquez, Diploma superior de inglés C1 da Escola Oficial de Idiomas.
PREZO: 36 €
DURACIÓN: 10 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!