+60 online: Os señores dos pazos: un percorrido por Galicia a través das familias, o seu modo de vida e os seus pazos, da historia á actualidade

Se tes interese en coñecer, descubrir e recordar os acontecementos históricos máis importantes dende un punto de vista diferente, máis próximo e visual este curso é para ti.
CONTIDOS:
Sesión 1.- A nobreza en Galicia.
Sesión 2.-Os grandes señores galegos.
Sesión 3.- O modo de vida, usos e costumes.
Sesión 4.- Recordando as guerras irmandiñas. Repercusións na nobreza galega.
Sesión 5.-Os pazos galegos. Urbanos e rurais.
Sesión 6.- O pazo de Tor, Bembibre e outros lugares de interese en Lugo.
Sesión 7.-Pazo Trasalba e Otero Pedrayo. Outros lugares de Ourense.
Sesión 8.-Os grandes pazos en Pontevedra: Quiñones de León, Fefiñáns, Rubianes e Oca, o Versalles galego.
Sesión 9.- Os grandes pazos urbanos de Santiago de Compostela. Pazos na ruta das camelias: Santa Cruz, Faramello. Outras marabillas que visitar na Coruña.
Sesión 10.-A pervivencia da vida dos pazos na actualidade, novos usos dos pazos.
O curso será impartido por Pilar Blanco Vidal. Historiadora e autora de libros e artigos sobre patrimonio.
PREZO: 36 €
DURACIÓN: 10 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!