+60 online: Historia da arte: "Tempo(s) de ocio"

Neste ciclo exploraremos a arte desde unha perspectiva divulgativa, desde a experiencia dos artistas e a comprensión do seu tempo histórico.
CONTIDOS:
Como reflicte a arte o noso tempo libre? Cómo rexistraron os/as artistas eses instantes nos que podemos escapar das obrigacións cotiás e decidimos QUÉ queremos facer co noso tempo? Estas preguntas inspiran os contidos deste primeiro ciclo do curso 23/24. Trátase dun pretexto delicioso para descubrir como diversos creadores/as de distintos ámbitos- como vén sendo un aceno identificativo destas sesións- capturaron momentos (en soidade ou compartidos) vinculados ao tempo libre: deporte, lectura, soño, viaxes, xogos, festas... Miradas que reflicten instantes de diversión colectiva pero tamén de introspección, e que responden ó contexto sociocultural e ás modas de cada época. Dedica estas oito sesións (o teu tempo de lecer) para gozar e descubrir esoutros tempos!
O curso será impartido por Marta Riera Táboas. Doutora en Belas Artes, profesora, ilustradora e divulgadora.
PREZO: 60 €
DURACIÓN: 8 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario desde o 18 de setembro. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!