+60 online: Xeopolítica do século XXI: Claves do mundo de hoxe

A xeopolítica deste primeiro cuarto de século sufriu cambios notables, incluída a incorporación ao taboleiro internacional de novas potencias económicas e militares como China ou India, o esgotamento das potencias hexemónicas tras a Segunda Guerra Mundial (EEUU, Rusia, Reino Unido) e a desestabilización producida por actores tan sanguentos como o terrorismo yihadista. Nestas catro sesións abordaremos os seguintes temas para entender mellor algúns acontecementos que determinaron o mundo de hoxe.
Este curso está estruturado do seguinte xeito:
Sesión 1: Que é a xeopolítica? Correntes escolas. Indicadores e rankings sociopolíticos.
Sesión 2: Da Guerra Fría ao 11-S: A fin da historia?
Sesión 3: Xenocidios contemporáneos: Shoá, yazidies, kurdos, armenios, cristiáns, etc.
Sesión 4: A guerra no mundo de hoxe: conflitos armados internacionais e internos. Os paliativos: A Corte Penal Internacional e a axuda humanitaria.
Material necesario para este curso:
Ordenador e boa conexión a Internet.
O curso será impartido por Fernando. Fernando é licenciado en Dereito, con dous posgraos universitarios e doutor en Humanidades pola Universidade Rey Juan Carlos. Traballou durante máis dunha década no sector privado, actividade que compaxinou coa docencia universitaria. En 2001 foi cooperante en Angola, un país que sufría unha longa e devastadora guerra civil. Dirixiu varias titulacións universitarias e é profesor invitado en diversas universidades e escolas de negocios. Como divulgador histórico, colabora esporadicamente en prensa e con diversas emisoras de radio, nalgunhas das cuales conta con programas monográficos propios. No seu ámbito máis persoal, Fernando é un apaixonado do cinema e das bandas sonoras, encántalle cociñar e sobre todo comer, ama o mar e o sol, e ten unha paixón desenfreada polos libros, especialmente antigos.
PREZO: 14€
DURACIÓN: 4 horas