+60 online: Exprésate a través da fotografía dixital

Se queres mellorar as fotografías que tiras co móbil ou coa réflex e aprenderes a narrar historias, neste curso empregarás as técnicas da composición, o encadre, a iluminación e algunhas das técnicas dos principais fotógrafos da historia. Se xa participaches na anterior edición deste curso, continuaremos ampliando coñecementos sobre a fotografía, procesado e edición.
CONTIDOS:
Os/as mellores fotógrafos/as da historia (actuais tamén): as súas técnicas, o uso da composición nas súas fotografías, cómo contan e se expresan coas mesmas, fotografía documentalista, de rúa, conceptual, de moda, de retrato, etc. Traballaremos a partires da obra dos/das seguintes fotógrafos/as e faremos exercicios prácticos aplicando o aprendido:
- Henri Cartier Bresson
- Robert Capa
- Ansel Adams
- Richard Avedon
- Sebastiao Salgado
- Dorothea Lange
- Richard Avedon
- Cristina García Rodero
- Chema Madoz
- Isabel Muñoz
- Steve McCurry
- Trent Parke
- Paul Nicklen
- David Gibson
- Dirty Harry
- Jesse
O curso será impartido por Begoña Pérez López. Fotógrafa e técnica en produción audiovisual
PREZO: 30€
DURACIÓN: 10 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!