+60 online: Exprésate a través da fotografía dixital
Se queres mellorar as fotografías que tiras co móbil ou coa réflex e aprenderes a narrar historias, neste curso empregarás as técnicas da composición, o encadre, a iluminación e algunhas das técnicas dos principais fotógrafos da historia. Se xa participaches na anterior edición deste curso, continuaremos ampliando coñecementos sobre a fotografía, procesado e edición.
CONTIDOS:
Sesións 1, 2 e 3. Composición en fotografía publicitaria: dirixir a ollada. Autores destacados de fotografía publicitaria.
Sesións 4 e 5. Fotografía artística e contemporánea: idea e concepto. Autores destacados e obras de fotografía artística e contemporánea.
Sesións 6, 7 e 8. Máis alá dos tercios: distintos tipos de composición (composición triangular, composición rectangular, etc.).
Sesión 9. A cor en fotografía.
Sesión 10. Procesado básico (Lightroom, darktable)
O curso será impartido por Begoña Pérez López. Fotógrafa e técnica en produción audiovisual
PREZO: 33€
DURACIÓN: 11 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!