+60 en liña: Exprésate a través da fotografía dixital: os/as mellores fotógrafos/as da historia e as súas técnicas

Se queres mellorar as fotografías que sacas co móbil ou coa cámara réflex e aprenderes a narrar historias, neste curso empregarás as técnicas da composición, o encadramento, a iluminación e algunhas das técnicas dos principais fotógrafos da historia. Se xa participaches na anterior edición deste curso, continuaremos ampliando coñecementos sobre a fotografía, procesamento e edición.
CONTIDOS:
1 sesión: Werner Bischof; fotógrafo suizo considerado dos máis importantes fotoperiodistas do século XX
2 sesións: Martin Parr; fotografía de documentación social con humor.
2 sesións: Carolyn Drake; traballa con proxectos fotográficos con relatos históricos.
2 sesións: René Burri; fotógrafo e realizador cinematográfico.
2 sesións: Richard Kalvar; fotógrafo de rúa, captura o teatro da vida cotiá.
2 sesións: Trent Parke; gañador de varios premios World Press Photo.
1 sesión: Edición e procesado fotográfico dixital con lightroom (e outros software libres).
O curso será impartido por Begoña Pérez López, fotógrafa e técnica en produción audiovisual
PREZO: 49 €
DURACIÓN: 12 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario desde o 18 de setembro. Se es socio/a dalgún Espazo +60, farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!