• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

+60 online: Escritura creativa para principiantes: divírtete escribindo

Envellecemento activo Séniors De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
+60 online: Escritura creativa para principiantes: divírtete escribindo
  • 26-10-2023 16-11-2023 +60 online: Escritura creativa para principiantes: divírtete escribindo Non importa se es un principiante absoluto ou se xa escribiches algo antes. Este curso é para ti! Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • Datas:

    Do 26 de outubro ao 16 de novembro de 2023

  • Horario:

    Xoves, de 17.00 a 18.00 horas

  • Entrada:

    De pago
Apúntate

Este é un curso deseñado para todos vós que desexedes aprender a escribir con confianza e creatividade.

O obxectivo deste curso é brindarche as ferramentas e a motivación necesarias para comezar a escribir e para seguir escribindo despois de que o curso remate. Durante o curso aprenderás técnicas para desbloquear a túa creatividade e superar o medo á páxina en branco.

Propochémosche a escritura como un xogo para que te divirtas escribindo á vez que estimulas a túa creatividade. Este curso está organizado por semanas, con distintos temas e con exercicios prácticos deseñados para superar o bloqueo creativo, familiarizarte coa escritura, agudizar a percepción sensorial e poñer en marcha a túa imaxinación.

Aprenderás unhas unidades teóricas complementadas con exercicios prácticos, a través dos que poderás explorar as túas capacidades creativas con técnicas narrativas, xerar ideas novas e buscar o narrador axeitado para os teus escritos.

Neste curso, Carmen, con máis de 15 anos de experiencia como profesora de escritura, será a túa guía en cada paso do camiño, desde técnicas para desbloquear a túa creatividade e superar o medo á páxina en branco ata como desenvolver personaxes e tramas convincentes e desbloquear a túa creatividade.

Este curso tamén será moi práctico e divertido. Ao longo do curso, terás a oportunidade de escribir e compartir os teus traballos con outros compañeiros, o que che permitirá recibir comentarios e críticas construtivas. Ademais, tamén haberá exercicios de escritura en clase e tarefas para facer na túa casa.

Ao final do curso, terás escritas varias pezas de diferentes xéneros, o que che permitirá ter unha idea clara de cal é o teu estilo de escritura preferido e de como podes seguir desenvolvéndote como escritor.

Non importa se es un principiante absoluto ou se xa escribiches algo antes. Este curso é para ti! 

Este curso está estruturado da seguinte forma:

Sesión 1: Tormenta de ideas: Que é a tormenta de ideas e como funciona? Onde se esconden as ideas?

Sesión 2: Técnicas narrativas: Nesta lección daremos consellos para o escritor que empeza e diferentes técnicas narrativas que funcionan como disparadores creativos.

Sesión 3: A estrutura e a creación de tramas. Aprenderemos a contar a historia que temos en mente, a crear escenas, a construír accións, o escenario, a atmósfera e o clima.

Sesión 4: Creación de personaxes. Qué sería da historia se non tivese un personaxe? Dotaremos o personaxe de identidade propia, decidiremos como o imos presentalo ao lector.

Proxecto final do curso:

Terás escritos catro relatos curtos.

Material necesario para o curso:

Caderno.

Bolígrafo.

O que aprenderás no curso:

Como xerar ideas para escribir.

Como desenvolver personaxes e tramas convincentes.

Técnicas de descrición e diálogo.

Como editar e revisar o teu traballo.

A importancia de atopar a túa propia voz de escritura.

O curso será impartido por Carmen G., licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad de Barcelona. Ten formación en diferentes ámbitos relacionados cos seus estudos universitarios: Curso de Xestión de Arquivos pola UOC. Curso de Introdución á Literatura Medieval Europea pola UOC. Curso de Literatura Medieval pola UOC. Curso de Paleografía impartido no Arquivo Comarcal de Puigcerdà e no Arquivo Comarcal de La Seu de Urgell. Nos últimos anos estivo formándose na ensinanza da escritura creativa, realizando os seguintes cursos: Curso de Escritura Creativa en Escuela de Escritores e Taller de escritura creativa. Curso Superior de Escritura Creativa en Euroinnova International Online Education. Curso de Narrativa en catalán na Escola Ateneu Barcelonés. Cursos de Novela I e Novela II en catalán na Escola Ateneu Barcelonés. Curso de Escritura Creativa e Comunicación en Cursarium. Posgraduado de Especialización Docente de Nivel Superior en Didáctica da Lectura e a Escritura en Euroinnova International Online Education. Traballou durante máis de vinte anos na ensinanza do español para estranxeiros e do catalán, dirixindo o programa de inserción de estranxeiros con cursos de catalán e español no Centro Cultural de Gavá. (BCN). Tamén impartiu cursos de catalán e español ELE en diferentes centros educativos e de idiomas (Centro de Estudios Logos, Escola de idiomas Brighton…). Na actualidade imparte o taller de Escritura Creativa, o curso de Redacción Eficaz e o curso de Novela e Relato na escola en liña. Apaixónalle a literatura, a lectura, o cinema, a cultura e a arte en xeral. Está en constante aprendizaxe, porque, como dixo Albert Einstein: "Nunca consideres o estudo como unha obriga, senón como unha oportunidade para penetrar no fermoso e marabilloso mundo do saber"

PREZO: 14€

DURACIÓN: 4 horas

Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078