+60 en liña: Exercicios de pilates para fortalecer o teu corpo e mente

O pilates porporciónache estabilidade e control corporal, máis forza e flexibilidade. E, como consecuencia do seu método, obterás unha visible perda de volume, estilizando as túas pernas, endurecendo a musculatura de brazos, abdome e glúteos. Serás capaz de sentir a diferenza que hai ao vivir coa práctica de pilates en tan só unhas semanas.
Este curso está estruturado da seguinte forma:
Ao longo do curso adestraremos a concentración, que nos permitirá harmonizar a atención mental de noso corpo co movemento. Realizaremos exercicios con e sen material que te axudarán a que a práctica sexa sinxela e segura.
Tamén adestraremos a forza para que consigas maior masa muscular, pero de forma diferente á habitual.
Incluiremos exercicios de estiramentos ao inicio, durante e ao rematar cada unha das sesións para evitar lesións comúns e problemas músculo-esqueléticos.
Material necesario para o curso:
Cadeira, pau de vasoira e un coxín.
Auga para hidratarte.
Opcional: pelota pequena e banda elástica.
O curso será impartido por Inmaculada López, diplomada en maxisterio (educación física.) Desde hai máis de 40 anos dedícase ao mundo do deporte, impartindo sesións dirixidas colectivas, adestramentos persoais e xestión de equipos de traballo. Sempre se formou coas mellores compañías de fitness do mercado. Os seus hobbies son a lectura, practicar deporte ao aire libre, os documentais históricos e descubrir lugares pintorescos.
PREZO: 24€/mes
DURACIÓN: 24 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.