+60 online: Coñece e desfruta diferentes aplicacións para móbil e tableta. Avanzado

Se xa participaches nos cursos de móbiles e tabletas ou xa tes un manexo avanzado, continuaremos afondando no coñecemento de utilidades, aplicacións e contidos interesantes que podes atopar en Internet.
CONTIDOS:
Sesión 1 - Google Calendario: utiliza o calendario como axenda e comparte con outros con estas funcións avanzadas.
Sesión 2 - VPN e navegación segura: ¿Qué é, cómo se usa e cáles son os mellores servizos gratuitos?
Sesión 3 - Opera: o navegador máis rápido e seguro do momento con Bloqueo de Anuncios, VPN ilimitada e Lector de Códigos QR incorporados entre outras funcións destacadas.
Sesión 4 - Configuración de Privacidade da Conta de Google: Actividade na Web e Aplicacións. Historial de Ubicacións. Historial de Youtube, Personalización de Anuncios e Información de Perfil.
Sesión 5 - Configuración de Privacidade da Conta de Google: Actividade na Web e Aplicacións. Historial de Ubicacións. Historial de Youtube, Personalización de Anuncios e Información de Perfil.
Sesión 6 - Configuración de Privacidade da Conta de Google: Actividade na Web e Aplicacións. Historial de Ubicacións. Historial de Youtube, Personalización de Anuncios e Información de Perfil.
Sesión 7 - Utilidades: Espello, Nivel, Tarxetas de fidelización, Aviso para regar as prantas e outras cousas que non sabías que o teu móbil pode facer por ti.
Sesión 8 - Telegram: Hai vida máis aló do WhatsApp. A app de mensaxería instantanea coa política de privacidade máis transparete, máis segura, máis moderna e cada vez máis extendida.
Sesión 9 - Realidade Aumentada: ¿Qué é e para que serve? Moitos e diferentes tipos de utilidades cun sinfin de posibilidades.
Sesión 10 - Realidade Aumentada: Gran variedade de apps para desfrutar das marabillas do mundo virtual mesturado na vida real.
O curso será impartido por Diego Romero Oliveira. Técnico Superior en Sistemas e experto en cultura dixital.
PREZO: 30 €
DURACIÓN: 10 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!