+60 online: Ciclo de historia da arte: "Non tan invisibles...CREADORAS"

Neste ciclo explorarás a arte desde unha perspectiva divulgativa, desde a experiencia dos artistas e a comprensión do seu tempo histórico.
CONTIDOS:
Este ciclo de oito sesións recolle o testemuño do curso "Creadoras. Á vangarda do seu tempo". O seu propósito é seguir descubrindo a obra de artistas mulleres nalgúns casos invisibilizadas pola Historia e, case sempre, menos coñecidas que os seus contemporáneos varóns. Sen tratarse específicamente dun estudio sobre xénero, o ciclo propón aproximarse á vida e obra de creadoras de diversos ámbitos (pintura, escultura, arquitectura, deseño,...) analizando o contexto histórico e artístico no que se desenvolveron. Georgia O'Keeffe, Eileen Gray, Lee Miller, ... Prepárate para desfrutar!
1. Élisabeth Vigée Le Brun - 5 de outubro
2. Anna Bilinska - 19 de outubro
3. Cecilia Beaux - 26 de outubro
4. Madeleine Vionnet - 2 de novembro
5. Georgia O’Keeffe - 9 de novembro
6. Eileen Gray - 16 de novembro
7. Barbara Hepworth - 23 de novembro
8. Lee Miller - 30 de novembro
O curso será impartido por Marta Riera Táboas. Doutora en Belas Artes, profesora, ilustradora e divulgadora.
PREZO: 50 €
DURACIÓN: 8 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!