+60 en liña: Ciclo de historia da arte: "Xenialidade, loucura, paixón. A sedución do artista atormentado"

Por que se vencellou tantas veces a figura do artista ás paixóns, á enfermidade ou simplemente á xenialidade que parece provir ás veces msemo da propia divindade? Neste ciclo de oito sesións estudaremos a obra daqueles artistas e movementos (supostamente atormentados, enfermos ou malditos), para intentar superar os clixés establecidos pola historia da arte. Adentrarémonos no universo de creadores/as de diversos ámbitos, analizando o contexto histórico e artístico que lles tocou habitar. Goya, Paul Klee, Frida Kalho, Andrew Wyeth, ... Outra ocasión para compartir e descubrir!
O curso será impartido por Marta Riera Táboas. Doutora en Belas Artes, profesora, ilustradora e divulgadora.
PREZO: 50 €
DURACIÓN: 8 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!