+60 online: Ciclo de apreciación musical. Historia da música clásica con audicións comentadas

Se che gusta a música, neste ciclo aprenderás a gozar da escoita dalgunhas das obras máis significativas da historia da música, destacando os aspectos máis importantes para unha maior comprensión, contextualizándoas historicamente coa estética do momento e cos aspectos biográficos dos seus autores que influíron na composición.
CONTIDOS:
En cada sesión contaremos cun programa de man coas obras que escoitaremos. Achegarémonos ás obras de Bach, Mozart, Beethoven, Haydn, Vivaldi, Chopin, Schubert, Berlioz, Tchaikovsky, Sibelius, Brahms, Wagner, Lizst, Debussy, Verdi, Grieg e moitos outros.
El curso será impartido por Manuel López-Benito Álvarez, musicólogo e divulgador.
PREZO: 121 €
DURACIÓN: 20 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!