+60 online: Aprende a escoitar e gozar da ópera, sinfonías e música de cámara

Neste curso aprenderás a escoitar, entender e apreciar as principais formas artísticas da música clásica do século XIX. Por unha parte, a ópera, que como espectáculo único conxuga música e palabras, e comunica emocións que se amplifican coa voz humana. Coñecerás como é o mundo detrás do pano e anécdotas reais que ocorreron durante as representacións de óperas emblemáticas. Como se preparan os cantantes para afrontar unha representación que os pon ao límite das súas forzas? Como cambiou a ópera durante este período? Compararemos a evolución da ópera en todos os seus aspectos: as arias, os coros, os dúos, os números de conxunto, as orquestras, as tramas, a duración, as voces....
Por outra parte, o curso propón una introdución á música instrumental: cun capítulo dedicado aos grandes compositores e compositoras de sinfonías e concertos, aprenderemos a identificar as diferenzas entre ambas as formas musicais.
O curso tamén inclúe unha sesión dedicada á música de cámara: música concibida para ser executada en ámbitos domésticos, o que implica menor número de instrumentos e unha maior proximidade entre músicos e oíntes.
Está dirixido a todas as persoas e a todos os niveis. Todas as clases baséanse no visionamento de vídeos e na escoita guiada. Facilitarase material audiovisual de todos os temas que se traten nas clases.
Este curso está estruturado da seguinte forma:
Sesión 1: Centrarémonos en Verdi. As súas contribucións á ópera, os seus experimentos e a súa evolución. Veremos como cambiaron as voces e as esixencias para cos cantantes, como cambiaron os gustos do público, os seus momentos más fermosos, o rol do coro e as súas óperas fallidas que logo triunfaron, e viceversa.
Sesión 2: Descubriremos as óperas de Puccini. As súas innovacións, as súas principais óperas e as súas óperas descoñecidas. Por que algunhas óperas triunfaron e outras non? Veremos os desafíos vocais para os cantantes, as orquestras puccinianas: o crecemento en cantidade de instrumentos. A ópera verista: os seus principais compositores, as súas temáticas, os desafíos vocais. Os momentos máis fermosos e máis dramáticos. Por que os argumentos son cada vez máis terribles?, qué necesita ter unha ópera para ser verista?
Sesión 3: Centrarémonos na dicotomía sinfonía/soncerto: en que se diferencian?, como recoñecelos?, quen son os compositores e compositoras máis coñecidos?
Semana 4: Abandonaremos as obras de gran formato para coñecer a música de cámara. Que é, que instrumentos adoitan utilizar? Dúos, tríos, cuartetos, quintetos... Profesionales vs amateurs.
O curso será impartido por Patricia Kleinman, profesora de canto con estudos no Real Conservatorio da Haia (Holanda) e 25 anos de experiencia docente, con especial énfase no público adulto. É unha persoa empática, paciente e apaixonada do seu traballo. Goza de hobbies como a música, a natureza e… Os gatos! De forma amena e sinxela poderá axudarte a descubrir a túa verdadeira voz e facer que te sintas confiado/a das túas habilidades.
PREZO: 14€
DURACIÓN: 4 horas