+60 online: Aprende a crear personaxes e escenas para a túa novela

Queres comezar a escribir unha novela ou un libro de relatos, pero non sabes como comezar a darlle vida? A miúdo, un bo personaxe é a chispa que ilumina unha historia única. Neste curso axudarante a crear o teu propio plan para que os personaxes flúan na túa historia. Aprenderás a caracterizar os teus personaxes, buscar a mellor voz narrativa para o teu proxecto e coñecer as técnicas necesarias para facer avanzar ou retardar o tempo narrativo. Todo isto complementado con exercicios a través dos cales mellorarás a túa escritura e seguirás avanzando na escritura do borrador da túa novela.
Este curso está estruturado da seguinte forma:
Sesión 1: Proposta e exposición da trama: analizaremos os distintos tipos de comenzo que hai nunha obra literaria. Desenvolveremos a trama principal, avanzaremos na nosa historia e afondaremos no conflito.
Semana 2: Personaxes (II). Caracterización: crearemos unha ficha de personaxe, como fala, como é fisicamente, que lle gusta, cales son os seus medos.
Semana 3: Voz, ton e rexistro. Buscaremos a voz do narrador e coñeceremos os distintos tipos de rexistros da fala para axeitar o mellor á túa narración.
Semana 4: O tempo da narración. Diferenciaremos entre o tempo da narración e o tempo da acción. Traballaremos con distintos recursos narrativos para xogar co tempo.
Proxecto final do curso:
Ao rematares o curso, terás escritos catro relatos curtos ou, se se trata dunha novela, terás as bases para seguir avanzado na construción do teu proxecto literario.
Material necesario para o curso:
Caderno.
Bolígrafo.
O curso será impartido por Carmen G., licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad de Barcelona. Ten formación en diferentes ámbitos relacionados cos seus estudos universitarios: Curso de Xestión de Arquivos pola UOC. Curso de Introdución á Literatura Medieval Europea pola UOC. Curso de Literatura Medieval pola UOC. Curso de Paleografía impartido no Arquivo Comarcal de Puigcerdà e no Arquivo Comarcal de La Seu de Urgell. Nos últimos anos estivo formándose na ensinanza da escritura creativa, realizando os seguintes cursos: Curso de Escritura Creativa en Escuela de Escritores e Taller de escritura creativa. Curso Superior de Escritura Creativa en Euroinnova International Online Education. Curso de Narrativa en catalán na Escola Ateneu Barcelonés. Cursos de Novela I e Novela II en catalán na Escola Ateneu Barcelonés. Curso de Escritura Creativa e Comunicación en Cursarium. Posgraduado de Especialización Docente de Nivel Superior en Didáctica da Lectura e a Escritura en Euroinnova International Online Education. Traballou durante máis de vinte anos na ensinanza do español para estranxeiros e do catalán, dirixindo o programa de inserción de estranxeiros con cursos de catalán e español no Centro Cultural de Gavá. (BCN). Tamén impartiu cursos de catalán e español ELE en diferentes centros educativos e de idiomas (Centro de Estudios Logos, Escola de idiomas Brighton…). Na actualidade imparte o taller de Escritura Creativa, o curso de Redacción Eficaz e o curso de Novela e Relato na escola en liña. Apaixónalle a literatura, a lectura, o cinema, a cultura e a arte en xeral. Está en constante aprendizaxe, porque, como dixo Albert Einstein: "Nunca consideres o estudo como unha obriga, senón como unha oportunidade para penetrar no fermoso e marabilloso mundo do saber"
PREZO: 14€
DURACIÓN: 4 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.