+60 online: Aprende a comunicarte en inglés básico
Se sempre quixeches aprender inglés ou o estudaches no seu día e queres refrescalo desde o nivel básico, aprenderás a manexarte neste idioma para podéreste comunicar, presentar, saudar, formular preguntas ou expresar os teus gustos.
CONTIDOS:
Sesión 1: Colloquial expressions- TO BE Verb - English Alphabet
Sesión 2: Vocabulary - There to be - Cardinal Numbers
Sesión 3: Telling the time - Adjectives - Have got
Sesión 4: Infinitives and gerunds - Time and date
Sesión 5: Question words - Present continuous
Sesión 6: Time expressions - Relative pronouns
Sesión 7: Present present and past tense. Vocabulary
Sesión 8: Regular and Irregular verbs. Used to
Sesión 9: Possesive adjectives and pronouns. Professions and Occupations.
Sesión 10: Imperative form. Articles. Exclamatory forms. More Vocabulary: "the house"
O curso será impartido por Natalia Vázquez, Diploma superior de inglés C1 da Escola Oficial de Idiomas.
PREZO: 30 €
DURACIÓN: 10 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!