+60 online: Aprende a comunicarte en francés básico

Se sempre quixeches aprender francés ou o estudaches no seu día e queres refrescalo desde o nivel básico, este curso é para ti. Aprenderás a manexarte neste idioma para podéreste comunicar, presentar, saudar, formular preguntas ou expresar os teus gustos.
CONTIDOS:
1ª semana: Comprensión escrita: Comprensión de textos sobre a vida cotiá
2ª semana: Gramática: Preposicións I
3ª semana: Gramática: Preposicións II
4ª semana: Comprensión auditiva: Comprensión dunha conversa sobre a vida cotiá I
5ª semana: Vocabulario e conversa: A cidade e as direccións I
6ª semana: Vocabulario e conversa: A cidade e as direccións II
7ª semana: Producción escrita: Dictado
8ª semana: Comprensión escrita: Comprensión de textos sobre a vida cotiá II
9ª semana: Comprensión auditiva: Comprensión dunha conversa sobre a vida cotiá II
10ª semana: Revisión de contidos
O curso será impartido por Laura Martínez González. Graduada en Tradución e Interpretación.
PREZO: 36 €
DURACIÓN: 10 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario antes del 10 de abril. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!