+60 online: Aprende a comunicarte en francés básico

Se sempre quixeches aprender francés ou o estudaches no seu día e queres refrescalo desde o nivel básico, aprenderás a manexarte neste idioma para podéreste comunicar, presentar, saudar, formular preguntas ou expresar os teus gustos.
CONTIDOS:
Sesión 1: Comprensión escrita: Comprensión de textos xornalísticos I
Sesión 2: Comprensión escrita: Comprensión de textos xornalísticos II
Sesión 3: Comprensión auditiva: Comprensión dunha conversa da vida cotiá I
Sesión 4: Comprensión auditiva:Comprensión dunha conversa da vida cotiá II
Sesión 5: Gramática e conversa: Conectores para expresar preferencias I
Sesión 6: Gramática e conversa: Conectores para expresar preferencias II
Sesión 7: Fonética I
Sesión 8: Fonética II
Sesión 9: Conversa: Falar sobre as vacacións de verán I
Sesión 10: Conversa: Falar sobre as vacacións de verán II
O curso será impartido por Laura Martínez González. Graduada en Tradución e Interpretación.
PREZO: 30 €
DURACIÓN: 10 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!