+60 online: Aprende a comunicarte en francés básico
Se sempre quixeches aprender francés ou o estudaches no seu día e queres refrescalo desde o nivel básico, aprenderás a manexarte neste idioma para podéreste comunicar, presentar, saudar, formular preguntas ou expresar os teus gustos.
CONTIDOS:
Sesión 1 - Conversación: Falar sobre un mesmo I
Sesión 2 - Conversación: Falar sobre un mesmo II
Sesión 3 - Comprensión escrita: Comprensión de textos da vida cotiá
Sesión 4 - Comprensión escrita: Comprensión de textos periodísticos
Sesión 5 - Conversación: Ir de compras I
Sesión 6 - Conversación: Ir de compras II
Sesión 7 - Comprensión auditiva: Comprensión de audios da vida cotiá I
Sesión 8 - Comprensión auditiva: Comprensión de audios da vida cotiá II
Sesión 9 - Conversación: Realizar, rexeitar e aceptar unha invitación I
Sesión 10 - Conversación: Realizar, rexeitar e aceptar unha invitación II
Sesión 11 - Expresión escrita: Redacción de textos I
Sesión 12 - Expresión escrita: Redacción de textos II
O curso será impartido por Laura Martínez González. Graduada en Tradución e Interpretación.
PREZO: 36 €
DURACIÓN: 12 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!