+60 online: Aprende a comunicarte en francés básico
Se sempre quixeches aprender francés ou o estudaches no seu día e queres refrescalo, este curso é unha oportunidade para empezares desde o nivel máis básico.
Aprenderás a usar o francés con seguridade desde un nivel inicial para podéreste comunicar, presentáreste, saudares, formular preguntas ou expresar os teus gustos.
CONTIDOS:
Presentarse: o presente dos verbos regulares.
Fórmulas para saudar e despedirse. Información persoal.
Pronuncia: os fonemas e sons vocálicos.
Pronuncia: fonemas e sons consonánticos.
Preguntar e indicar a hora e a data. Días da semana, meses do ano, números e horas.
Léxico: comidas e alimentos. Os artigos.
Clima. Expresións impersoais e fórmulas para falar do tempo.
Expresión de gustos: presente dos verbos irregulares e expresións.
O curso será impartido por Laura Martínez González, graduada en Tradución e Interpretación e máster en tradución para a comunicación internacional pola Universidade de Vigo. Participou no programa europeo Erasmus na Universidade de Mons, en Bélxica, e ten experiencia docente en colexios, academias, empresas e nos Espazos +60, fomentando a aprendizaxe no marco do Cadro Europeo Común de Referencia para o ensino das linguas, potenciando a expresión e comprensión oral e escrita, cun enfoque práctico e de inmersión na cultura do país.
PREZO: 25 € Para continuares na actividade, deberás confirmar a túa inscrición ben por correo electrónico a envejecimientoactivo@afundacion.org antes da terceira sesión que terá lugar a semana do 22 de febreiro; por teléfono, chamando ao 698 122 915 ou por formulario: neste, se es socio/a dun Espazo +60; ou nestoutro, se non o es.
DURACIÓN: 8 horas