5ª e 6ª etapa Camiño de Santiago Sanabrés, Espazo +60 Vigo

O luns 6 de novembro realizaremos a 5ª etapa do Camiño de Santiago Sanabrés, de Tamallancos a Carballeda, 17,4 km (tramo curto 11,8 km) cunha dificultade técnica sinxela.
Desde Tamallancos decontado chegaremos ao concello de Cea, famoso polo seu pan. Á saída da vila a etapa oficial vai cara ao Castro (Dozón) que é a que tomaremos, pero xa vos informamos de que hai unha interesante variante que vai polo mosteiro de Oseira e que non deixaremos pasar a oportunidade de facela tamén.
Nesta ocasión iremos ata Carballeda, o percorrido vai pasando por pequenas poboacións e tramos de montes que estarán moi fermosos en pleno outono.
O luns 13 de novembro realizaremos a 6ª etapa, de Ourense a Casasnovas, 15,5 km (tramo curto 11 km) cunha dificultade técnica media-sinxela.
Sairemos de Ourense polo tramo da variante ao camiño oficial (que fixemos na etapa 4ª). Como sabes, a saída de Ourense ten unha subida considerable, pan comido para os habituais e que poderán evitar os inimigos das subidas. Por iso e para evitaren a subida, os do tramo curto irán co bus ata a aldea de Castro de Beiro.
O camiño continúa despois con subidas e baixadas, pero xa máis normais. A etapa é máis urbana nos primeiros quilómetros ao saír dunha gran cidade e máis rural e bonita a medida que avanzamos cara ao seu remate en Casanovas, onde se xunta esta variante co oficial.
Ao anotáreste aínda podes pedir a túa credencial de peregrino, pois estamos a máis de 100 km de Santiago e poderás pedir a túa Compostela ao chegares.
ATENCIÓN: O autobús non pode saír desde a sede de Afundación por obras. Saída autobús ás 9.30 horas. Na parada de autobús en fronte del NH, en García Barbón, 18-20; 09.45 horas en Mos-Discoteca Queen.
PREZO:
Adultos: 20€ (inclúe autobús, guía e seguro)
Nenos ata 18 anos: 3€
Prazas limitadas. Cómpres anotarse no Espazo+60 Afundación Vigo antes do 3 de outubro, ás 13.30 horas, para a 5ª etapa e antes do 10 de novembro, ás 13.30 horas, para a 6ª etapa. Se tes algunha consulta, podes contactar con nós enviando un correo a [email protected] ou chamando ao 986 120 071 ou ao 986 223 337.