Visita virtual a Naturnova

Naturnova, o noso Centro Interactivo de Educación Ambiental, trata de presentar de xeito sinxelo e ameno o medio ambiente, un mundo repleto de marabillas, a todas aquelas persoas interesadas en coñecer, interactuar con respecto e protexer o medio natural.

O principal obxectivo do centro é amosar o noso ecosistema, apelando ao noso sentido do abraio, para coñecelo, valoralo e respectalo, pois ninguén quere aquilo que descoñece.

Esperamos que gocedes da visita virtual!