Teatro en familia: Bon appétit de Teatro dos Ghazafelhos

Comedia en clave de clown onde tres chefs franceses tentarán mostrar os segredos da cociña galega, seguindo o prestixioso libro de cociña escrito por Álvaro Cunqueiro, A cociña galega: «A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo».

Descarga a guía didáctica para traballar en familia.

‘Cantos e contos dende o poleiro’ é un festival online impulsado por Urdime coa que nos implicamos e sumamos a outras iniciativas, na consecución dunha batería de propostas para pasar este tempo de illamento o mellor posible. En palabras da súa creadora, Emi Candal, é festival co que queremos reafirmar que a cultura, e neste caso as artes escénicas, «sempre está aberta e ao servizo da xente» e «non imos pechar as portas da nosa creatividade».