'Ponte ao día co teu móbil ou tableta' con Diego Romero

Todos os luns ás 12.00 h

En cada unha das sesións descubrirás novos trucos para obter un maior rendemento do teu móbil e tableta, como utilizalo de forma segura, personalización, curiosidades, e cales son as aplicacións imprescindibles que debes ter en conta para poñerte ao día e estar á última.

1. Configura no móbil ou tableta a privacidade da túa conta de Google

2. Aquelando o teu dispositivo: fondos de pantalla e widgets

3. WhatsApp: trucos e curiosidades

4. Google Fotos: divírtete cas túas fotos

5. Google Drive: Almacenamento na nube

6. Conectividade: que é o bluetooth e como empregalo

7. Streaming: que é e cales son as plataformas máis usadas para audio e vídeo

8. Seguridade e protección no móbil e tableta

O curso será impartido por Diego Romero Oliveira, técnico superior en sistemas de regulación e control automáticos, coñecementos da contorna Windows e Macintosh, Linux e Android, deseños web, aplicacións ofimáticas, redes e protocolos de comunicación e varias linguaxes de programación. Desde hai varios anos é monitor dos talleres de cultura dixital no Espazo+60 de Afundación de Vigo.