'Podemos anticiparnos aos efectos do cambio climático?' con Mª Teresa de Castro - Mes do Medio Ambiente

17 de junio 2021 - 20.00 h

Con motivo da celebración do Día do Medio Ambiente (ODS_13:Acción polo clima) o 5 de xuño, e o Día dos Océanos o 8 de xuño (ODS_14: Vida submarina), Afundación, a Obra Social de ABANCA, lanza o proxecto 'Mes do Medio Ambiente e dos Océanos'.

O aumento da temperatura a nivel global está a provocar que os últimos anos sexan os máis cálidos desde que existen rexistros. E as consecuencias son, en parte, imprevisibles. Porén, numerosos equipos de investigación en todo o mundo desenvolven modelos e predicións para prever os efectos do cambio climático cara ao futuro. Como se recollen, procesan e interpretan todos estes datos? Como nos axudan a adiantarnos aos impactos que producirá o clima?

María Teresa de Castro é profesora titular do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo. Actualmente é coordinadora do grupo de investigación Environmental Physics Laboratory (Ephyslab), un equipo multidisciplinar constituído no ano 2002 co obxectivo de estudar o clima e desenvolver modelos e predicións sobre a súa evolución. As liñas de investigación de María Teresa de Castro abranguen a oceanografía física, a interacción atmosfera-océano, o cambio climático, a enerxía eólica ou a dinámica fluvial e oceánica.