Observatorio ABANCA by IESIDE.  Primeiro informe. ‘Termómetro da desescalada’.

Esta iniciativa, lanzada por ABANCA en colaboración co Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), ten por obxectivo achegar á sociedade galega, e en especial ao seu tecido produtivo (autónomos, profesionais, comercios, negocios, pemes, empresas, corporacións), datos da evolución da Comunidade que sirvan de soporte para as súas decisións.

No seu primeiro informe, denominado ‘Termómetro de la desescalada’, o Observatorio realiza unha análise de big data para a monitorización do proceso de desescalada en Galicia. A partir de datos anónimos de compras con tarxeta, o estudo cuantifica en 41 puntos porcentuais a caída da actividade comercial na fase de confinamento e constata a súa progresiva recuperación ata un nivel do 93% tras as últimas semanas de desescalada.