'A saúde tamén está nas túas mans' con profesionais do Hospital Quirón Saúde da Coruña

Todos os venres ás 12.00 h

Se es unha persoa de máis de 60 anos e gustaríache saber máis sobre por que non durmimos tan ben como deberiamos, sobre os bulos da vacinación contra o coronavirus, a importancia de controlar a tensión arterial para previr deterioracións físicas e cognitivas, e preocúpache a protección da pel, este ciclo é para ti.

O obxectivo deste programa é tratar temas sanitarios de actualidade, así como fomentar unha cultura da saúde e da prevención mediante a adopción de hábitos saudables e controis periódicos de saúde. Nel participan diferentes especialistas médicos do Hospital Quirónsalud A Coruña que abordarán temas de notable repercusión na saúde da poboación como a vacinación COVID, os recoñecementos médicos a cada idade, a hipertensión arterial, o soño ou o coidado da pel, sempre tratado por especialistas de recoñecido prestixio e experiencia nos distintos ámbitos.

As conferencias programadas son as seguintes:

23 de abril, 12.00 h – «Coñece como son as vacinas Covid19 e como actúan». Silvia Paulos Viñas. Especialista en Microbioloxía. Hospital Quirónsalud A Coruña

30 de abril, 12.00 h – «Evita problemas: que revisións médicas realizar e cando». Iñigo Gredilla Zubiria. Especialista en Medicina Interna do Hospital Quirónsalud A Coruña

7 de maio, 12.00 h – «A importancia de controlar a hipertensión para previr posibles riscos». Natalia Blanco Castro. Especialista en Nefroloxía e xefa da Unidade de Hemodiálisis do Hospital Quirónsalud A Coruña

14 de maio, 12.00 h – «Por que non durmimos tan ben como deberiamos? » Gema Vicente Peracho. Especialista en Neuroloxía do Hospital Quirónsalud A Coruña

21 de maio, 12.00 h – «Como coidar a túa pel en tempos de pandemia”. María Jesús Suárez Valladares. Especialista en Dermatoloxía do Hospital Quirónsalud A Coruña