'A química ao auxilio dos océanos' con Déborah García Bello - Mes do Medio Ambiente

10 de xuño 2021 - 19.00 h

Con motivo da celebración do Día do Medio Ambiente (ODS_13:Acción polo clima) o 5 de xuño, e o Día dos Océanos o 8 de xuño (ODS_14: Vida submarina), Afundación, a Obra Social de ABANCA, lanza o proxecto 'Mes do Medio Ambiente e dos Océanos'.

Déborah García Bello falaranos de como afectan aos océanos e ao ecosistema mariño algunhas substancias (gases de efecto invernadoiro, filtros solares...) e tamén materiais (poñendo o foco nos plásticos, que son dos que xeran maior controversia). Explicará en que consiste a acidificación dos océanos derivada do cambio climático.

Déborah é química e divulgadora científica. Investigadora en ciencia de materiais no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña onde desenvolve a súa tese doutoral en materiais aplicados á arte contemporánea. 

Traballa como divulgadora científica e cultural en varios medios de comunicación: Televisión Española (Órbita Laika y La hora de la 1), La Sexta (Más vale tarde), Televisión de Galicia (Quen anda aí? e Aquelando), Radio Nacional (autora do espazo adicado á ciencia e á arte «Azul Ultramar» en La radio tiene ojos), Radio Galega (Galicia por diante e Efervesciencia), colaboradora habitual de EITB (Qué me estás contando), Telemadrid (120 minutos) e revistas como VogueCosmopolitan e AD. É a autora da columna semanal «Ciencia aparte» en El Muro de La Sexta e presentadora do podcast de tecnoloxía e sostibilidade «Hola Planeta» de Orange

É parte do equipo de formación e transferencia científica dos laboratorios do grupo L’Oréal La Roche Posay e L’Oréal París

É profesora do Mestrado en Cultura Científica da Universidad del País Vasco e da Universidad Pública de Navarra, e do Mestrado en Educación en Museos y Espacios Culturales da Universidad Europea Miguel de Cervantes.

Dirixe as xornadas Ciencia & Arte de Bilbao para o Museo Guggenheim, a Biblioteca Bidebarrieta e a Cátedra de Cultura Científica da UPV.

Recibiu numerosos premios pola súa actividade divulgadora, como o Premio Prismas, Bitácoras e Tesla, entre otros.

En 2019 foi elixida pola revista Forbes como unha das persoas máis influíntes na comunicación científica.

Recentemente foi seleccionada como unha das 10 Top Voices de saúde por LinkedIn e unha das tres mellores divulgadoras científicas en redes sociais nos Premios Boehringer, ambos os dous pola súa cobertura na pandemia de COVID-19.

Autora dos libros Todo es cuestión de químicaQue se le van las vitaminas e No tocar na Editorial Paidós do Grupo Planeta.