Foro IESIDE: 'Europa, unha voráxine e un salto. Nunha crise de complexidade crecente, como descender e ascender do abismo' con Víctor Pérez-Díaz

27 de maio 2021 - 19.00 h

O obxecto da conferencia é explorar algúns aspectos do contraste da actual crise en Europa e en España, e a limitada capacidade estratéxica de tales comunidades para lle facer fronte, destaca o papel que pode xogar a cidadanía, a sociedade civil, as xentes correntes no manexo desta situación.

Desde unha perspectiva sociocultural enfatizarase a sensación de desbordamento dalgunhas comunidades pola gravidade e a urxencia dos seus problemas, así como certos aspectos do sentido e a dimensión moral da súa resposta.