Falamos da escola. Programa interxeracional

Un  programa interxeracional no que persoas maiores voluntarias e alumnado de centros de ensino de toda Galicia dialogan sobre as vivencias ao longo da etapa escolar. A iniciativa enmárcase na liña estratéxica «O valor da experiencia», da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas interxeracionais e de voluntariado que beneficien a outros grupos sociais.