Faladoiros virtuais - Olga Novo e Xoana Almar, conducido por Aser Álvarez

26 de maio 2021 - 19.00 h


Desde as súas casas, as dúas mulleres falarán sobre a súa necesidade de conectar coa aldea. 

OLGA NOVO

Premio Nacional de Poesía 2020. Poeta, ensaísta e profesora, é unha voz moi particular que mestura maxistralmente o universo popular e rural (sen dúbida, eixo do seu discurso e creación), con referencias cultas. A muller labrega, as raíces rurais e a perda de poboación nas aldeas galegas son temas chaves para entender a autora.

XOANA ALMAR

Licenciada en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela e en Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade de Granada. Dedícase á pintura desde o 2008, aínda que é algo que levo facendo desde sempre.  No 2013 fundou, canda Miguel Peralta e Raquel Doallo, a Cooperativa Cestola, unha cooperativa de traballo asociado que abarca a pintura, a ilustración o muralismo e a formación na economía social. Desde o 2020 a actividade mural e a principal, con grande presenza no ámbito rural e de pequeñas vilas. Os murais de Cestola un carácter moi recoñecíbel, onde abondan as mulleres labregas, as cestas e a natureza; todo trasladado a un universo propio marcado polo rural.