Conferencia 'Vivir coa incertidume' por Javier Urra - Programa 'Educación século XXI'

22 de outubro de 2020. 19.00h

Vivimos un momento convulso, cheo de incerteza, de dúbidas. A dificultade de afrontar situacións imprevisibles desequilibran a emoción, poñendo en risco o pensamento. Aprender a convivir coa incerteza axudaranos a enfrontar  esta pandemia e as súas consecuencias. A capacidade de adaptación e de aprendizaxe do ser humano é infinita, e coas ferramentas correctas poderemos superar, sen dúbida, esta etapa da nosa historia.

Ciclo «Educación século XXI»

O obxectivo no campo formativo de Afundación está definido pola vocación ao redor dunha educación comprometida mediante a defensa dun sólido sistema educativo integral. Partindo da importancia da escola como centro de aprendizaxe, as propostas de Afundación pretenden complementar o ensino académico, especialmente a instrución, presentando uns espazos e unhas actividades que  conxuguen o lúdico e o formativo co fortalecemento de valores esenciais para unha sociedade cohesionada. Deste xeito, a entidade está comprometida coa tolerancia, co respecto, coa solidariedade e, por suposto, coa adquisición por parte de cada nena e de cada neno das ferramentas necesarias para perseverar na adquisición da súa autonomía persoal.