Concerto dixital de Galifunk Brass - Festival Ikfem 2020

9 de outubro de 2020. 21.00 h

Galifunk Brass é un grupo de músicos das aforas de Pontevedra influenciados principalmente polas bandas de música estadounidenses. Busca romper coas pautas do clásico e facer nosas propias versións orixinais de temas disco, funky, soul e R&B. O seu repertorio abarca desde temas dos 70, como Think de Aretha Franklin ou Earth's September, Wind & Fire, ata música máis actual como  Locked Out of  Heaven de Bruno  Mars ou Uptown Funk. No seu curto percorrido musical xa teñen tocado en prestixiosos festivais e eventos musicais de todo tipo: Revenidas, Rockin’Vila, Rianxo Jazz  Nights, Castelo Conta, Peregrinas de Pontevedra, Dorna de Ribeira ou a Feira Artesanal de Olería de Buño.