Ciclo "Emocións e soidades": Coloquio "(Re)coñecendo as soidades" con Mayte Sancho, Sara Marsillas e Daniel Prieto

5 de maio 2021 - 19.00 h

Cando falamos da soidade, un fenómeno que nos últimos anos adquiriu relevancia social e presenza en medios, podemos referirnos a realidades moi diversas: a unha situación obxectiva de insuficientes relacións sociais, a persoas que viven en solitario, a quen pasan moito tempo a soas ou aos propios sentimentos de soidade. Na conferencia-coloquio "(Re)coñecendo as soidades" os tres expertos conversarán sobre o fenómeno da soidade e as súas diferentes facetas entre as persoas que envellecen, os estereotipos e o estigma que asocia vellez e soidade, a importancia do pouso cultural na percepción da mesma ou a forma de previr e apoiar as persoas maiores que se senten soas.

MAYTE SANCHO

É psicóloga e xerontóloga social. Experta a nivel nacional e internacional en planificación xerontolóxica e novos modelos de atención a persoas maiores, ámbitos nos que dirixiu numerosas investigacións e proxectos para organizacións internacionais, públicas e privadas. Dirixiu e creou o primeiro Observatorio do Envellecemento e a Dependencia do IMSERSO. Foi directora científica e directora de planificación da Fundación Matia Instituto Xerontolóxico e vicepresidenta da Sociedade Española de Xerontoloxía e Xeriatría.

Actualmente é colaboradora e forma parte do patronato de Matia Fundazioa e vocal do patronato presidenta da Fundación Grandes Amigos.

SARA MARSILLAS

Doutora en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é investigadora na Fundación Matia Instituto, onde desenvolve e participa en proxectos relacionados coa soidade, as emocións, o envellecemento activo e a amigabilidade das contornas, combinando metodoloxías de investigación e co-creación.

DANIEL PRIETO

Sociólogo especializado en investigación cualitativa e documental etnográfico como técnicas aplicadas a cuestións relacionadas coa saúde, la discapacidade, os coidados e o envellecemento. Profesor asociado de socioloxía na Facultade de Traballo Social da UCM. Investigador autónomo, autor de diversos estudos publicados en relación coas temáticas mencionadas en colaboración con institucións como Fundación Matia, Fundación Pilares para a Autonomía, Fundación Bancaria la Caixa ou o Concello de Madrid. Doctor en socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e Premio IMSERSO Infanta Cristina de investigación 2008 polo traballo "As dimensións subxectivas do envellecemento".