Ciclo 'Educación século XXI': Presentación do libro Bummda Omm. Educación consciente y mindfulness para familias

1 de xuño 2021 - 18.00 h

Nestes tempos onde a incerteza e a nosa forma de relacionarnos cambiou tanto, xeráronse diferentes procesos de desaxuste emocional. A tensión, a ansiedade e mesmo a tristeza non só repercutiron no mundo adulto senón tamén nos nenos.

Por iso, cremos importante desenvolver modelos educativos conscientes que faciliten a regulación emocional do sistema familia, o equilibrio psicolóxico e afectivo nos nenos e seguir regando o seu mundo interior coa certeza do seu potencial de crecemento.

É o noso deber, como adultos, acompañarlles neste crecemento saudable.

Educar nenos resilientes, que saian fortalecidos das dificultades, require da nosa presenza e compromiso. E de aí xorde o programa de educación consciente e mindfulnesss para familias: Bummda Omm. Un programa dirixido a todos os pais, educadores e todas aquelas persoas que apostan por cultivar modelos positivos e construtivos na educación e desenvolvemento psicoemocional dos nenos.

O programa Bummda Omm convida a converter o sistema familia nun lugar seguro no que atoparse para compartir, sentir e cultivar a interioridade a través da atención consciente e as prácticas de meditación adaptadas aos nenos e ao sistema familia. Nel cultívanse actitudes positivas como a gratitude, o amor, a compaixón e o recoñecemento cara a un mesmo e os demais, adestrando a atención plena, a relación entre pais e fillos e a felicidade xenuína para que, xunto aos máis pequenos, podamos habitar unha vida significativa e en harmonía.

O obxectivo principal é ofrecer, ás familias e educadores, ferramentas que lles permitan acompañar aos nenos e adolescentes nas súas diferentes etapas evolutivas, sementando un apego seguro nos seus vínculos, un sentido construtivo e resiliente nas súas vidas, xunto ás fortalezas e actitudes proactivas e positivas que lles reporten un maior benestar no seu camiño.