'Cambio climático: de cambiar o aire, a cambiar o fondo do mar' con José Luis Crespo, QuantumFracture - Mes do medio ambiente 

3 de xuño 2021 - 19.00 h

Con motivo da celebración do Día do Medio Ambiente (ODS_13:Acción polo clima) o 5 de xuño, e o Día dos Océanos o 8 de xuño (ODS_14: Vida submarina), Afundación, a Obra Social de ABANCA, lanza o proxecto 'Mes do Medio Ambiente e dos Océanos'.

José Luis Crespo falaranos sobre as subidas do nivel do mar, a acidificación ou a perda de biodiversidade mariña.

Físico, fundador e director creativo da canle de Youtube de divulgación científica Quantum Fracture. Actualmente, con máis de 2 millóns de seguidores, posiciónase como un dos máis influentes en materia de divulgación científica de fala hispana. Foi parte do persoal de divulgación do Instituto de Física Teórica de Madrid e organizador de Cultube, evento anual onde se reúnen distintos Youtubers para visibilizar distintas formas de facer divulgación en Youtube. Tamén foi colaborador no programa de televisión Órbita Laika de RTVE.