StartUp Congress Galicia

Na súa primeira edición en liña, o Galicia Startup Congress presenta o máis ambicioso dos seus programas, unha gran oportunidade para emprendedores, investidores e todos aqueles que queiran introducirse no mundo das tecnoloxías e de levar os seus
negocios cara a un modelo cada vez máis presente e globalizado. Ademais dos 35 relatores que participarán nesta primeira edición, que se iniciou este mércores, figuran máis de 50 investidores, 10 aceleradoras, 400 empresas emerxentes e emprendedores, así como 20 corporacións. Todos eles reunidos baixo un networking no cal poden compartir os seus retos e propostas.