Conforme á súa misión, á súa cultura e os seus valores Afundación esforzouse en exercitar ao longo dos anos a escoita activa coa cidadanía. Escoitar axuda a aprender do outro, a situarnos no mundo, a proxectarnos e a crecer, e o máis importante: a dar respostas ás demandas das persoas e as sociedades en constante evolución.

No actual contexto no que, no exercicio da nosa responsabilidade, debemos de permanecer nos nosos fogares para tratar de frear a expansión do virus COVID-19, creemos que a escoita é hoxe máis importante que nunca porque é tamén un exercicio de solidariedade e acompañamento en momentos complexos.

“Escoitamoste” e unha canle aberta de comunicación entre Afundación e as persoas que nace para dar respostas. A través dun chat solucionaremos ás túas consultas sobre os nosos recursos dixitais e sobre a nosa actividade, que se reconverteu na súa propia versión dixital trasladando a esta plataforma viva las liñas de traballo habituais que viñamos desenvolvendo nas nosas sedes e centros.

Esta vía de comunicación avanzará e crecerá en contidos á vez que “Afundación na casa” se desenvolve e progresa, poñendo a disposición da cidadanía recursos e contidos relacionados coas nosas liñas de acción: a educación, o voluntariado, o envellecemento activo e o desenvolvementos das persoas a través da cultura.

Escoitamoste….