Teatro en familia: Mamá Cabra, 15 primaveras

Mamá Cabra consolidouse coma unha das bandas de música infantil galega de referencia. Este espectáculo crease no seu 15º aniversario para facer chegar aos máis nov@s as súas mellores cancións.

Descarga a guía didáctica para traballar en familia.

‘Cantos e contos dende o poleiro’ é un festival online impulsado por Urdime coa que nos implicamos e sumamos a outras iniciativas, na consecución dunha batería de propostas para pasar este tempo de illamento o mellor posible. En palabras da súa creadora, Emi Candal, é festival co que queremos reafirmar que a cultura, e neste caso as artes escénicas, «sempre está aberta e ao servizo da xente» e «non imos pechar as portas da nosa creatividade».