
Afundación colaborará co Parlamento de Galicia na conmemoración do corenta aniversario da institución
28.01.2022. O presidente de Afundación, a Obra Social de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asinarán o vindeiro luns, 31 de xaneiro, ás 12.00 h, na Sede Afundación de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19), nun encontro para gráficos, un convenio que articula a colaboración entre as dúas entidades para a promoción e divulgación dos seus fondos artísticos, e tamén para o desenvolvemento de actividades culturais, co gallo da conmemoración do cuadraxésimo aniversario do Parlamento de Galicia.