• Galego
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tienda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tienda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

ÁNGEL BOTELLO

Botello Barros, Ángel

( Cangas do Morrazo, Pontevedra, 1913 - San Juan de Puerto Rico, 1986 )

Biografía

A súa nenez transcorre en ámbalas marxes da baía viguesa, xa que seu pai traslada a pequena industria familiar de Cangas a Vigo, cando o futuro artista ten cinco anos. Pouco despois, reveses da fortuna levan a súa nai, xa viúva, a trasladarse a Francia. Ángel comeza a estudiar agronomía e ó fin decídese polas Belas Artes, que inicia en Burdeos e continúa en Madrid, onde o sorprende a guerra civil. Milita no bando republicano, e esta circunstancia condicionará a súa vida de exiliado, primeiro na República Dominicana, despois en Haití e finalmente en Porto Rico, con estancias en Nova York e México. Sucédense as súas exposicións no Caribe, Norteamérica e mais Europa. Consolida a súa fama de pintor e escultor, mentres en España, e en concreto na súa Galicia natal, é practicamente descoñecido. Afeccionado ó mar, é navegante sempiterno coa súa familia. O derradeiro ano da súa vida, sabedor de que o cáncer está minándoo, traballa febrilmente e falece en 1986, o 11 de novembro. As exposicións póstumas confirman a súa categoría de artista. A Galicia chega a súa obra da man da antiga Caixa de Vigo, traída pola súa familia en 1995. Botello iniciouse no impresionismo. A vida americana vai influír nel, imprégnase de indixenismo, aínda que sempre con un gran sentido espiritualista, que lle permite fundi-lo autóctono co seu lirismo persoal. Acusa a miúdo a influencia de Paul Gauguin.

Bibliografía

ALBERT ROBATTO, M.: Ángel Botello en la historia del exilio gallego. Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1995.
BERNÁRDEZ, C. L.: Do idilio á diáspora : modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane. NigraTrea, Vigo, 2011. 
BOTELLO, Palacio Municipal de Exposiciones, Kiosko Alfonso, junio 1995. Concello da Coruña – Caixavigo, Vigo, 1995.
BOTELLO, [exposición antológica], Palacio Municipal de Exposiciones Kiosko Alfonso, junio 1995. Concello da Coruña, A Coruña, 1995.
DIÁSPORA. 10 artistas galegos no exilio latinoamericano, 1930-1970, Fundación Luís Seoane – MARCO, A Coruña, 2005. 
EXPOSICIÓN de Pintura A. Botello Barros (catálogo), Casino de Puerto Rico, San Juna de Puerto Rico, 1941.
GONZÁLEZ LAMELA, M. P.: «Tres artistas gallegos en Puerto Rico, Compostela, Botello y Granell», en Jornadas de la emigración gallega a Puerto Rico: actas del Congreso celebrado en San Juan 30, 31 de enero y 1 de febrero de 1996. Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1997.

Obra

  • Flores

    Flores 1976

Ver todas las obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © De las reproducciones autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78