Buscador avanzado de eventos
Cando
Onde
Que
Quen

























O Quebranoces, Russian Classical Ballet en Pontevedra

Artes Escénicas

8 de xaneiro ás 19.00 h. o Russian Classical Ballet presenta O Quebranoces na Sede Afundación de Pontevedraunha historia que activa o imaxinario en cada un de nós, trasladándonos ao reino da fantasía. A aclamada e prestixiosa compañía rusa, dirixida por Evgeniya Bespalova (no personaxe de Clara) e Denis Karakashev (no personaxe do príncipe Quebranoces), de novo sobre o noso escenario para facernos gozar do gran clásico de Chaikovski.

Entradas xa á venda en Ataquilla.com

 

Baseado no conto O Quebranoces e o Rei dos ratos, de E.T.A. Hoffmann, o ballet cóntanos a historia dunha nena que soña cun príncipe, o Quebranoces. Nunha feroz batalla contra o Rei dos ratos, o Quebranoces atópase en grave perigo. Clara, vencendo os seus propios medos, entra nesta batalla e lanza o seu zapatiño aniquilando a terrible criatura e rompendo o feitizo, e o Quebranoces transfórmase nun cegador príncipe.

A noite xeada cobre a cidade e caen copos de neve. O Quebranoces leva a Clara ao seu reino, o Reino dos doces, onde a Fada de azucre comparte alegría e lambetadas con todos os nenos que, coma Clara, aínda teñen a capacidade de soñar.

 

A composición do Quebranoces inmortalizou o xenio de Pyotr Tchaikovski, patente na partitura de melodías como a Danza da Fada de azucre e O Valse das flores. 

Esta producción clásica é irresistible e representa o momento imperdible e memorable desta tempada. Un clásico para gozar en familia!


Comprar Entradas

Horarios

Xaneiro 1970

L M X J V S D
2930311234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930311

Eventos relacionados

Os Luns do Ateneo en Compostela

03
Out

«A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración» en Ourense

24
Xul

«Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura» en Santiago de Compostela

25
Xul

«Testemuñas do esquecemento #2». Médicos sen Fronteiras na Coruña

25
Xul

Obradoiros infantís: Mércores de Arquitectura en Pontevedra

27
Xul

«Lago Rivera: No principio dun mundo, 1916-2016» na Coruña

25
Xul