Os soci@s dos Centros +60 van de balneario
Do 17 ao 22 de abril as personas de máis de 55 anos socias dos Espazos +60 Afundación van de balneario co Programa de Termalismo.
O prezo da viaxe en habitación dobre é de 325 €/persoa para Soci@s ABANCA e 360 €/persoa para Soci@s.
Suplemento habitación individual: 100 €
O prezo inclúe:
- Estancia de 6 días e 5 noites no Hotel Balneario Lobios Caldaria.
- Transporte de ida e volta desde o lugar de orixe ao Balneario de Lobios, Ourense.
- Réxime pensión completa (auga, gasosa, viño e café incluídos).
- Almorzo incluído o día de entrada e día de saída.
- Consulta médica inicial, seguimento médico e informe postcura.
- Tratamento termal personalizado durante 5 días (3 técnicas hidroterápicas diarias: Bañeiras, chorros, pediluvios e maniluvios, ducha circular ou piscinas termais con hidromasaxe, segundo criterio médico).
- Programa de animación diario (unha queimada durante a estancia).
- Excursións de medio día a Celanova con visita guiada ao mosteiro e a algunhas de las vilas máis antigas de Portugal (Ponte da Lima, Ponte da Barca ou Arcos de Valdevez).