Curso de apreciación musical con audicións comentadas: A música clásica, fonte inesgotable de emoción en Ourense
O curso de apreciación musical con audicións comentadas que leva por título A música clásica, fonte inesgotable de emoción, ilustrará os asistentes no coñecemento profundo de moitos aspectos da música, tantas veces ocultos, que fan dela unha das manifestacións artísticas máis emotivas.
Cada sesión, de dúas horas de duración, incluirá audicións das grandes páxinas da música clásica que sirven de exemplo para poder entender cuestións coma a importancia da biografía do compositor, o momento histórico no que se compón a obra, a elección da forma musical, a importancia da dirección orquestral, a elección do equipo instrumental, as musas que inspiraron a obra, a relación da música coas demais artes plásticas, a linguaxe musical e as súas claves ocultas, a música escénica etc. É dicir, unha viaxe sonora a través da Historia da Música para ir descubrindo pequenos tesouros que nos dean as claves para unha audición emotiva disfrutando da música de Mozart, Beethoven, Brahms, Schumann, Rossini, e tantos outros.
As respostas a aquelas e a outras moitas preguntas que nos poidamos facer con referencia á música clásica, son en esencia o obxectivo fundamental das audicións que iremos presentando ao longo do ciclo, ao tempo que estimulamos o pracer de escoitar a música cunha maior emoción e coñecemento.
Datas: Todos os martes
Maio: 3, 10, 24 e 31 (4 sesións = 40 €)
Horario: De 19.30 a 21.30 h
Prezo do curso/mes: 40 €
Prezo individual por sesión: 13 € (á venda só no propio centro)
Duración: 2 horas/sesión
Director do ciclo: Manuel López-Benito Álvarez, musicólogo
Inscricións no propio centro (Avenida de Pontevedra, 9) o chamando ao teléfono 988 391 746.
Se precisas máis información, podes contactar co director do ciclo por e-mail ou no teléfono 986 492 126. Tamén tes á túa disposición o noso teléfono, 986 120 077, e e-mail para calquera outra consulta.