Certificado en cultura do viño. Nivel básico. Ourense
Todos os venres do 5 ao 26 de maio a Sede Afundación de Ourese acolle o curso cata «Certificado en cultura do viño. Nivel básico». Non perdas este primeiro achegamento aos viños da nosa contorna: variedades de uva, climas, solos, formas de cultivar… Descubre tradicións milenarias, paisaxes de conto e viticultores comprometidos coa beleza.
O curso estrutúrase en catro sesións en que poderemos aprender contidos teóricos aplicados aos viños que se elaboran en Galicia á vez que catamos cinco viños diferentes por sesión.
PROGRAMA:
- Contidos teóricos: As 10 claves básicas para gozar do viño: A historia, a percepción, o solo, o clima, a uva, a viticultura, o traballo en adega, o servizo, a maridanza e o mercado e as novas tecnoloxías.
- Cata de vinte viños diferentes.
Coordinador: D. Xoán Cannas. Coordinador do Curso Superior de Sommelier Profesional (Ingavi), director do Instituto Galego do Viño, Nariz de Ouro Mellor Sommelier de España 2004, sommelier e copropietario dos restaurantes Pepe Vieira e La Ultramar, copropietario de Atlantic Galician Spirits (Nordés) e diplomado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.
Profesor: D. Jorge Vila. Codirector do Curso Superior de Sommelier Profesional (Ingavi). Xerente do Instituto Galego do Viño. Director de Marketing de Compañía de Viños María Fechoría (2010-2012). Curso de formador do viño pola University of Gastronomic Sciences (Bra, Italia). Diplomado como Experto Formador pola Universidade Ramón Llul. Titulado con Distinción no Nivel 3 da WSET®. Enxeñeiro superior de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e especializado en Marketing pola Escola de Negocios Afundación e o ICEMD.
Profesor: D. Juan José Figueroa Treus. Director técnico e titor do Curso Superior de Sommelier Profesional (Ingavi). Copropietario e sommelier da viñoteca Lume de Carozo, referencia fundamental do tratamento do viño en Vigo. Copropietario e sommelier da viñoteca Badanas, en Vigo. Dilatada formación como mestre barista, coctelería e xestión de sala. Titulado con mérito no Nivel 3 da WSET®. Sommelier profesional titulado polo Instituto Galego do Viño na súa primeira edición, curso 2013-2014.
Datas: 5, 12, 19 e 26 de maio de 2017
Horario: 19.30 a 22.00 h.
Prezo: 85 €
Lugar: Sede Afundación de Ourense (Avda. de Pontevedra, 9)
Teléfono: 988 39 17 46
Máximo 18 participantes
Afundación resérvase o dereito a anular o curso o día antes do comezo se non se alcanza o número mínimo establecido.