Buscador avanzado de eventos
Cando
Onde
Que
Quen

























Ciclo de Música clásica e ópera con audicións comentadas. Mozart: Vida e obra dun xenio, en Ourense

Obradoiros e cursos

Neste ciclo de audicións de música clásica comentada, Wolfgang Amadeus Mozart: Vida e obra dun xenio, realizaremos unha viaxe a través da biografía e o contexto histórico do compositor de Salzburgo mentres que escoitamos as súas obras máis representativas. Se te queres apuntar, non necesitas coñecementos previos, só gusto pola música.

Coa análise pormenorizada do momento histórico e da vida do autor, descubriremos como influíron os movementos estéticos e a sociedade da época na creación do artista. Deste xeito, poderemos gozar máis da música de Mozart.

O obxectivo último das xornadas é coñecer mellor o que representa a música clásica na nosa historia. Pero, sobre todo, pretendemos divulgar unha das expresións artísticas máis emocionantes, conmovedoras e agradecidas: a música.

 

Datas: Os martes,  20 e 27 de xaneiro e 3 de febreiro de 2015
Horario: De 19.30 a 21.30 h

Duración do ciclo completo: 3 sesións, 6 horas (1 sesión, 2 horas)

Prezo do ciclo (tres sesións): 30 €

Prezo individual por sesión (2 horas): 13 €


Director do ciclo: Manuel López-Benito Álvarez, musicólogo

Inscricións en Servinova, chamando ao teléfono 988 391 746 ou no propio centro (Avenida de Pontevedra, 9)

Se precisas máis información, podes contactar co director do ciclo por e-mail ou teléfono, 986 492 126. Así mesmo, tes ao teu dispor o noso teléfono, 986 120 077, e e-mail para calquera outra consulta.


Comprar Entradas

Horarios

Xaneiro 2015

L M X J V S D
2930311234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930311
Sede Afundación Ourense
Martes : 19.30 a 21.30 h

Eventos relacionados

Certificado en cultura do viño. Nivel básico en Ourense

07
Out