Buscador avanzado de eventos
Cando
Onde
Que
Quen

Obradoiros de Nadal para nenos

Obradoiros e cursos

Este Nadal os nenos poden tirar mellor proveito ás súas vacacións: poderán facer creatividades, fabricar instrumentos, producir mosto... e mesmo deseñar unha páxina web.

Se xa non sabes que pedir ao Apalpador, porque tes de todo, este ano pídelle cultura e ven aos nosos cursos!

A CORUÑA

Un Nadal de cores

Este ano nas vacacións de Nadal aproveitaremos para fabricar todo tipo de creatividades. Teremos todas as ferramentas necesarias para deixar voar a nosa imaxinación, aprender e divertirnos.

Obradoiros infantís (de 4 a 7 anos). Horario: 11.30 a 13.30

Obradoiros xuvenís (de 8 a 12 anos). Horario: 17.00 a 19.00

Datas: 26 e 27 de decembro ou 2 e 3 de xaneiro

Prezo: 3 €

Información e reservas no 981 185 060

FERROL

As uvas da sorte

Este será un Nadal máxico, as uvas da boa sorte inspirarán as vacacións nun obradoiro con denominación de orixe.

Idades: de 4 a 10 anos

Horario: de 11.00 a 12.30

26 e 27 de decembro

Imos de mostos

O proceso de fabricación do viño será o protagonista. Os rapaces terán a oportunidade de produciren, coas súas propias mans, o mosto que dará lugar ao viño.

Idades: de 4 a 10 anos

Horario: de 11.00 a 12.30

3 e 4 de xaneiro do 2014

Información e reservas no 981 330 280

LUGO

O zapateiro e os trasnos dos Irmáns Grimm

Ven a unha sesión de conta contos moi especial. Non narraremos unha historia, vivirémola! Como se do zapateiro do conto se tratase, crearemos os nosos propios zapatos máxicos. E se durante a noite veñen os trasnos dos Irmáns Grimm para rematalos?

Idades: de 4 a 8 anos

Horario: de 11.00 a 13.00

26 e 27 de decembro

Prezo: 16 €

As catro estacións do Nadal

Pinturas, témperas, purpurina, cores… xogos de danza e xincanas máxicas. Este Nadal xogaremos ás catro estacións de Vivaldi creando os nosos propios instrumentos musicais.

Idades: de 4 a 8 anos

Horario: de 11.00 a 13.00

2 e 3 de xaneiro

Prezo: 16 €

Información e reservas no 982 289 096

OURENSE

Información e reservas no 988 391 746

PONTEVEDRA

O zapateiro e os trasnos dos Irmáns Grimm

Ven a unha sesión de conta contos moi especial. Non narraremos unha historia, vivirémola! Como se do zapateiro do conto se tratase, crearemos os nosos propios zapatos máxicos. E se durante a noite veñen os trasnos dos Irmáns Grimm para rematalos?

Idades: de 4 a 8 anos

Horario: de 11.00 a 13.00

26 e 27 de decembro

Prezo: 16 €

Información e reservas no 986 864 612

VIGO

O zapateiro e os trasnos dos Irmáns Grimm

Ven a unha sesión de conta contos moi especial. Non narraremos unha historia, vivirémola! Como se do zapateiro do conto se tratase, crearemos os nosos propios zapatos máxicos. E se durante a noite veñen os trasnos dos Irmáns Grimm para rematalos?

Idades: de 4 a 8 anos

Horario: de 11.00 a 13.00

26 e 27 de decembro

Prezo: 16 €

As catro estacións do Nadal

Pinturas, témperas, purpurina, cores… xogos de danza e xincanas máxicas. Este Nadal xogaremos ás catro estacións de Vivaldi creando os nosos propios instrumentos musicais.

Idades: de 4 a 8 anos

Horario: de 11.00 a 13.00

2 e 3 de xaneiro

Prezo: 16 €

Deseña a túa propia páxina web

Aprende a crear a túa propia páxina web, cargar imaxes, crear vínculos con outras páxinas... e un montón de cousas máis. Non o podes perder!

Idades: de 9 a 14 anos

Horario: de 11.00 a 13.00

30 de decembro

Prezo: 10 €

Información e reservas no 986 129 032

Horarios

Decembro 2013

L M X J V S D
2526272829301
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
303112345

Eventos relacionados

Os Luns do Ateneo en Compostela

03
Out

«A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración» en Ourense

01
Xul

«Fillos do océano. Fotografías de Javier Teniente» en Lugo

01
Xul

«Memoria gráfica da emigración española» en Pontevedra

01
Xul

«Heroes Animados» en Ferrol

01
Xul

«Antonio Murado. Intimidade abstraída» en Vigo

01
Xul